DO Territorio volve poñerse en marcha

DO Territorio volve poñerse en marcha

DO Territorio volve poñerse en marcha 1920 1080 Fundación Roberto Rivas

Na Fundación Roberto Rivas levamos anos acompañando persoas e proxectos que deciden emprender, crear e construír futuro desde o rural. Pero tamén sabemos algo importante: emprender no territorio non debería significar facelo en soidade.

Por iso, este 2026 damos un novo impulso a DO Territorio, unha comunidade pensada para conectar persoas, compartir experiencias e activar oportunidades desde o colectivo.

DO Territorio nace coa vontade de crear rede entre proxectos que xa existen e que están facendo territorio desde ámbitos moi diferentes: emprendemento, cultura, transformación agroalimentaria, bioeconomía, turismo, innovación social ou sustentabilidade.

Durante os próximos meses impulsaremos encontros, conversas, espazos de intercambio e pequenas accións prácticas que permitan:

  • conectar persoas e proxectos
  • compartir aprendizaxes reais
  • detectar oportunidades de colaboración
  • visibilizar iniciativas que xa están xerando impacto no rural
  • fortalecer unha comunidade que medre desde a cooperación

Como primeiro paso desta nova etapa, activamos tamén un canal de WhatsApp de DO Territorio, pensado para compartir recursos, novidades, convocatorias, eventos e conversacións de interese para persoas e proxectos vinculados ao territorio.

Un espazo sinxelo para seguir conectadas no día a día e facer rede máis alá dos encontros presenciais.

Esta nova etapa de DO Territorio será posible grazas ao apoio de ECOLISE, dentro dunha iniciativa europea que impulsa comunidades rexenerativas e transicións xustas desde o local.

Máis que crear algo novo, queremos axudar a activar e fortalecer todo o que xa está acontecendo no territorio.

Porque os proxectos medran máis cando existen redes que os sosteñen.

👉 Podes unirte ao canal de WhatsApp de DO Territorio aquí: https://chat.whatsapp.com/CRZDPCxzcCn5zBFQMDFNRi

*Do Territorio é unha iniciativa da Fundación Roberto Rivas cofinanciada pola Unión Europea a través de ECOLISE

Dejar una Respuesta


Back to top