A remuda xeracional no Ribeiro

A remuda xeracional no Ribeiro

A remuda xeracional no Ribeiro 1920 1080 Fundación Roberto Rivas

 

O pasado 13 de xuño organizamos unha xornada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego Miño Central sobre a remuda xeracional nos negocios do sector vitivinícola, turístico e hostaleiro na comarca do Ribeiro.

Participou o secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, a alcaldesa de Cenlle, Rebeca Sotelo, e o xefe territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade en Ourense, Yago Borrajo.

O equipo técnico do Polo deu a benvida, xunto con Olga Rivas, directora da Fundación Roberto Rivas, ás máis de 40 persoas que asistiron ao acto.

Tres empresas de extensa tradición familiar da comarca do Ribeiro fixeron un repaso pola sua historia e sobre como, chegado o momento, afrontaron uns procesos de remuda xeracional exitosos:

Aproveitaron para sinalar que a remuda xeraciónal é posible e que pode converterse nunha magnífica ferramenta de innovación e afianzamento no territorio.

As tres persoas participantes espuxeron como se encontraron de súpeto coa necesidade de poñerse ao frente dun negocio familiar, practicamente descoñecido para eles. A súa formación e experiencia laboral non tiña nada que ver co reto que se lles presentaba.

Puxeron en valor a necesidade dunha formación específica en emprendemento e neste punto remarcaron que os Polos de emprendemento e apoio ao emprego son unha ferramenta fundamental á hora de subsanar esa falla de formación, axudando a reducir o tempo invertido en trámites e labores administrativas.

Posteriormente, iniciouse unha mesa de debate con preguntas dirixidas e moderadas polo equipo técnico do Polo Miño Central, coa intervención de diversas persoas participantes no evento, para finalizar dando paso a un debate-coloquio no que se abordaron fórmulas e maneiras de facer esa remuda xeracional na bisbarra.

O secretario seral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, sinalou que a Rede autonómica de polos de emprendemento e apoio ao emprego está a servir para dinamizar o mercado laboral e para xerar traballo de calidade, que fixa poboación no territorio, posibilitando ao tempo a innovación nos negocios.

Esta Rede de polos apoia ás persoas emprendedoras a través do asesoramento especializado e na aposta da Xunta por un mercado laboral máis interconectado, formado e dinámico.

Desde o Polo Miño Central, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, dáse cobertura e apoio ao emprego a 47 concellos das comarcas de Allariz-Maceda, Terra de Celanova, O Ribeiro, O Carballiño e Ourense.

Ata o de agora atendéronse máis de 30 proxectos empresariais de diversos sectores. Por esta orde, destacan os da hostalaría; os das actividades profesionais, científicas e técnicas; os da industria manufactureira; os de agricultura, gandaría, silvicultura e pesca; os do comercio e os doutros servizos.

👇🏼 Se queres saber máis sobre os Polos de emprendemento, preme aquí:
https://polosemprendemento.gal

 

Dejar una Respuesta

Back to top