Conectando o polo co sector da cosmética natural en O Carballiño

Conectando o polo co sector da cosmética natural en O Carballiño

Conectando o polo co sector da cosmética natural en O Carballiño 1620 1080 Fundación Roberto Rivas

Na antiga fábrica da Lavandeira, o Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, reuniu a semana pasada ao redor de 35 profesionais para explorar o puxante mundo da cosmética natural en Galicia.

Conectando o polo co sector da cosmética natural en O Carballiño

As presentacións das persoas emprendedoras como Natalia Silva de Blue Silk Cosmética Termal, e Miguel de la Calle de Chorima Cosmética Atlántica, resaltaron a importancia da innovación e o uso de materias primas únicas. Pola súa banda, Ariana Fernández de LP10 destacaba a importancia de xuntar esforzos dentro dun sector no que unha gran maioría de empresas son moi pequenas.

También houbo mesas de traballo, para discutir sobre visións e oportunidades de colaboración para estes proxectos innovadores e compartir prácticas efectivas na creación, fabricación e distribución destes produtos naturais.

Coa participación de autoridades locais, como o xefe territorial da Xunta Iago Borrajo e o alcalde do Carballiño Francisco Fumega, o evento salientou o papel primordial de Galicia como un centro vibrante da cosmética natural.

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego O Carballiño é unha iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas.

Actualmente apoia e asesora a 63 proxectos de emprendemento, pertencentes aos 47 concellos aos que se estende o seu traballo.

Dejar una Respuesta

Back to top