Emprendendo con experiencia sénior

Emprendendo con experiencia sénior

Emprendendo con experiencia sénior 1920 1080 Fundación Roberto Rivas

A semana pasada, máis de vinte persoas participaron na xornada «Emprendendo con experiencia sénior» organizada polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda, en colaboración coa Fundación Roberto Rivas, para visibilizar e poñer en valor a experiencia como recurso clave para emprender a calquera idade.

Emprendendo con experiencia sénior

A xornada contou cos testemuños de tres emprendedoras apoiadas desde o Polo e con proxectos xa consolidados e desenvolvidos a partir dos seus coñecementos e experiencia vital:

  • Adriana Clemencia Alzate, artesá ourive e deseñadora de xoias que lidera o proxecto Noga Arts.
  • Katerine Gutiérrez Villaverde, promotora de Traces of the World, tenda en liña de roupa de muller contemporánea, ética e sostible.
  • Pilar Sotelino Couñago, fundadora de Avoa Makika, proxecto de elaboración e venda de marmeladas e salsas feitas de forma tradicional e baseadas en produtos galegos naturais.

Durante as súas charlas inspiradoras, as tres emprendedoras falaron de como se formaron tecnicamente para emprender, das aprendizaxes que obtiveron noutros países ao longo da súa vida, e de como foi importantísimo tomar como punto de partida o «que sei facer e que se valoriza».

Emprendendo con experiencia sénior
Emprendendo con experiencia sénior
Emprendendo con experiencia sénior

Ademais, a xornada contou coa participación de Marta Mariño Regueiro, Xefa territorial de Pontevedra da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, e incluíu unha presentación sobre o apoio e asesoramento permanente que se ofrece ás persoas emprendedoras desde a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta.

Posteriormente, leváronse a cabo varias mesas de traballo para identificar as necesidades específicas de apoio das persoas emprendedoras maiores de 50 anos, facilitando un debate sobre as oportunidades e desafíos aos que se enfronta este colectivo.

Nelas, compartíronse opinións sobre o papel que se lle adoita dar ás TIC no ámbito do emprendemento, e puxéronse de relevo algúns dos puntos fortes de comezar un negocio máis alá dos 50 anos: non só a experiencia acumulada, senón tamén o feito de dispoñer de recursos adicionais, como medios materiais ou unha rede de contactos máis ampla.

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda xa apoiou un total de 150 proxectos de emprendemento desde a súa posta en funcionamento, dos cales máis do 30% son de persoas emprendedoras de 50 anos ou máis.

Emprendendo con experiencia sénior

Dejar una Respuesta

Back to top