O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, a concelleira de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica, Paula Fernández, a tenente de alcalde, Mónica González e a emprendedora silledense Sandra Chao, asinaron o pasado mes de outubro o contrato de cesión de uso, do primeiro dos despachos do vivero municipal de empresas, convertíndose así na primeria usuaria deste novo espazo de Emprendemento ubicado na zona industrial Área 33. 🚀
ℹ️ Para máis información poden consultarse as bases de funcionamento do viveiro na web do concello, no taboleiro municipal ou dirixirse á Concellería de Xestión Urbana, Medio Ambiente e Promoción Económica a través do mail 📨 .
👏🏼🌿 Dende Fundación Roberto Rivas alegrámonos de que Silleda abra as portas deste novo recurso de apoio e promoción das iniciativas emprendedoras que queren poñerse en marcha neste territorio e que contribúen á activación económica e social das zonas rurais. Unha nova ferramenta que lles axudará a crecer e prosperar na contorna rural.
Dejar una Respuesta