Dende Fundación Roberto Rivas acabamos de asinar un acordo de colaboración coa Asociación Feiral Semana Verde, para sumar forzas a partir deste ano 2024.

José Luis Rodríguez, presidente da Asociación Feiral e Olga Rivas, Directora da Fundación Roberto Rivas afinando o convenio o pasado decembro (foto Blanca Paz).
Ambas entidades compartimos a idea de que o desenrolo económico e social dun territorio pasa por visibilizar todo o que xa alí hai, pero ademais pasa por xerar oportunidades innovadoras que respondan á realidade do século XXI, para que as persoas poidan desfrutar dos seus dereitos e do seu benestar, e así poder levar a cabo os seus proxectos de vida.
E ao mesmo tempo as dúas entidades coincidimos tamén no obxectivo de dinamizar e xerar oportunidades na contorna de Silleda, en toda Galicia e en especial nas comarcas do interior. Este é o motivo polo que acabamos de asinar esta colaboración, porque móvemonos na necesidade de poñer en valor o medio rural en toda a súa dimensión económica, cultural e social e para as dúas, dalgún xeito, este sentir colectivo materialízase en Silleda, ao redor da Semana Verde, recinto Ferial Internacional de Galicia en Silleda que entendemos que é un enclave estratéxico para o desenrolo socioeconómico de Galicia, e en particular, como infraestrutura de promoción e exposición comercial.

Con este convenio a Fundación Roberto Rivas impacta no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17, xerando alianzas para alcanzar ditos obxectivos, e converténdose en socia da Asociación Feiral Semana Verde, e así poder ofrecer a todas as persoas emprendedoras que apoiamos e profesionais con quen colaboramos unha serie de beneficios derivados deste acordo.
O primeiro deles será o envío do Boletín Cultura Rural que lanza semestralmente a Asociación Feiral Semana Verde, no que contaremos cun espazo para ir comunicando as iniciativas da Fundación e no que queremos visibilizar tamén os emprendementos aos que estamos a apoiar.

Dejar una Respuesta