O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda organizou o pasado mércores un obradoiro de emprendemento en liña, enfocado a mapear as habilidades transversais que toda persoa debe desenvolver para emprender e xestionar o seu propio negocio.
Unha actividade dirixida a persoas beneficiarias da Rede de emprendemento e apoio ao emprego, na que participaron máis de quince persoas emprendedoras.
Traballouse en base a un debate dirixido, en pequenos grupos, para facilitar a creación dun mapa onde se recollan “as habilidades e destrezas transversais para emprender e xestionar un negocio”, puntuadas de máis a menos importante.
Entre elas, nomeáronse as seguintes:
– Capacidade de logro (perseveranza, independencia, visión).
– Capacidade de planificación (creatividade, coñecemento da contorna, autonomía, seguridade, paciencia).
– Capacidade de socialización (comunicación, compañeirismo, solidariedade, comunidade, autocoñecemento).
Ademais, este exercicio permitirá identificar que “pílulas formativas” cómpre levar a cabo para dar resposta ás necesidades/demandas das persoas emprendedoras.
A actividade foi impartida por Mariem Filgueira Pérez, de Sherpa Empresarial.
O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Silleda é unha iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, en colaboración coa o Fundación Roberto Rivas.
Dejar una Respuesta