Conectando o Polo co sector da panadería

Conectando o Polo co sector da panadería

Conectando o Polo co sector da panadería 1920 1080 Fundación Roberto Rivas

O pasado martes día 7 de febreiro celebrouse o evento Conectando o polo co sector da panadería, nacido da colaboración do Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego Pontevedra Norte e Rías Baixas coa Asociación de amigos da empanada de Bandeira e a EFA Piñeiral de Arzúa.

Conectando o Polo co sector panadeiro

O encontro tivo lugar no Recinto feiral Abanca Semana Verde de Silleda, e contou coa participación da secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, que puideron coñecer de primeira man os desafíos dun sector tradicional con moito arraigamento na comunidade.

Conectando o Polo co sector panadeiro

Durante a xornada traballouse con metodoloxía hackathon sobre dous retos crave do sector relacionados coa actividade do Polo de Emprendemento:

– O de crear novos negocios no sector da panadería na provincia de Pontevedra, lanzado pola motivación da Asociación de amigos da empanada de poñer en valor o seu produto e fomentar o emprendemento na localidade.

– O de facer atractiva a profesión de panadería e repostería ás novas xeracións, que foi proposto pola EFA Piñeiral achegando a súa experiencia na impartición de ciclos formativo en panadería e repostería e comercio e márketing.

Na xornada tomaron parte máis de 40 participantes, representantes de negocios de panadería de toda a provincia de Pontevedra, así como representantes de toda a cadea de valor do sector, escolares, docentes e membros da Asociación da empanada.

Como conclusións apareceron liñas concretas de actuación para poñer en valor a profesión mediante obradoiros abertos ao público, xornadas de difusión innovadoras en institutos que realmente reflictan formas alternativas de traballar en panadería, e tamén novas possibilidades de negocio como fomentar a venda en novos formatos e unha imaxe de marca dixital propia e de calidade que conecte mellor coas novas tendências de consumo, sobre as que se poden desenvolver proxectos e accións concretos e con aplicación real.

Desde a Fundación Roberto Rivas queremos agradecer o apoio e a implicación da Asociación de amigos da empanada de Bandeira, a Escola de Formación Agraria Piñeiral de Arzúa e a Feira Internacional de Galicia ABANCA – FIG Silleda, sen quen este encontro non sería posible.

Conectando o Polo co sector panadeiro

Dejar una Respuesta

Back to top